Contorno
privilexiado

A Universidade da Coruña está estruturada territorialmente no campus da Coruña e no campus de Ferrol.

Coñece o contorno da UDC, situada no norte de Galicia.

Calidade
de vida

A UDC conta cun contorno social excelente. Reúne unha serie de atractivos, únicos en España, que a fan ser un lugar privilexiado para integrar o traballo cunha magnífica calidade de vida, grazas a unha moderna rede de servizos e a unha ampla oferta de lecer para todos os gustos.

Ao longo de todo o ano pódese gozar dunha completa axenda de actos sociais e culturais: orquestras filharmónicas, ópera, concertos, exposicións e acontecementos artísticos de primeiro nivel son exemplo diso.

A oferta deportiva está igualmente cuberta por numerosas instalacións públicas e privadas. Campos de golf, instalacións náuticas e un dos equipos de fútbol da que é considerada mellor liga de fútbol do mundo.

Cómpre destacar tamén que Galicia (comunidade onde se atopa a UDC) é unha das rexións máis seguras do país. Menos homicidios, roubos, asaltos a vivendas ou agresións. A tendencia á baixa en delitos e faltas mantena como unha das autonomías coa taxa de criminalidade máis baixa, nun país que xa de por si é o terceiro máis seguro en Europa.

Cidade de Cristal

Á beira do océano Atlántico, situada no extremo noroeste de España, A Coruña é unha ciudade histórica cuxo símbolo é a Torre de Hércules (Patrimonio da Unesco desde 2009). As galerías da avenida da Mariña proporcionan un espello que recolle os reflexos da luz do día desde o amencer, razón pola que se coñece como a Cidade de Cristal.

A Coruña só se pode definir como incesante. Esta metrópole soubo fornecerse dunha complexa e ampla rede de infraestruturas e de empresas que lle permitiron converterse no corazón económico e político de Galicia e nun dos máis destacados de España e de Europa.

A Coruña

Ferrol

Cidade do mar

O barrio da Magdalena, o arsenal, os museos navais, Ferrol Vello, o Castelo de San Filipe e as fortificacións ao longo da ría, a súa gastronomía, as súas praias, os seus arredores, a Semana Santa, e os festivais e tradicións son algunhas das razóns, entre outras moitas, para vivir de cerca Ferrol.

“España é o primeiro destino que elixirían a maior parte dos europeos se tivesen que ir traballar a outro país. Esta é unha das conclusións que se extraeron da sondaxe Financial Times/Harris sobre actitudes ante a migración que publicou o diario británico e que retratou a España como un país optimista e a súa economía como ‘unha das máis vibrantes de Europa’.”

Financial Times