Captar e reter
excelencia investigadora en Galicia

-

Ver video

InTalent UDC-Inditex é un programa de colaboración entre a Universidade da Coruña e Inditex para a contratación durante un período máximo de tres anos de investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional. A través de InTalent búscase a xeración, retención, recuperación e captación de talento investigador co obxectivo de crear tecido científico e investigador de excelencia.

Que ofrece
o programa?

Contrato
Ata tres anos na UDC

Salario
45 000 €/ano
Investigación propia
30 000 €/proxecto
Traslado e instalación
1000 €

Asesoramento técnico
Preparación de propostas ERC Grants…
Espazo
Instalacións para a execución do proxecto

A quen
se dirixe?

Investigadores de calquera nacionalidade

Cun mínimo de tres anos de experiencia posdoutoral

Con interese en convocatorias nacionais e internacionais de ciencia excelente como as ERC, Ramón y Cajal, Juan de la Cierva...

Polo menos, dous anos de experiencia internacional en centros de I+D

Traxectoria investigadora excelente e capacidade de xerar coñecemento novo

Potencial como investigador independente, madurez profesional e prometedora carreira científica

Oportunidades

Científica

  • Amplo ecosistema
  • Independencia investigadora
  • Infraestruturas adecuadas

Social

  • Enclave acolledor
  • Clima agradable
  • Ampla oferta cultural

Económica

  • Eficiencia en recursos
  • Apoio na procura de financiamento

Áreas
destacadas

  • TIC
  • Industrial
  • Ciencias experimentais
  • Innovación social
  • Enxeñaría
  • Construción civil
  • Saúde
  • Humanidades

Promotores

A UDC ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade mediante a xeración, xestión e difusión da cultura e o coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. A UDC enmarca esta iniciativa dentro do seu propósito de executar accións concretas destinadas a apoiar investigadores procedentes de calquera parte dol mundo a desenvolver aquí as súas carreiras científicas.

Inditex vén apoiando nos últimos anos as institucións de educación superior, co compromiso coa UDC como un dos sinais de identidade. É por iso que está interesada en apoiar accións encamiñadas ao desenvolvemento de proxectos en materia de investigación e transparencia para ampliar, renovar e modernizar os sistemas de ensino superior, así como na posta en valor da súa dimensión emprendedora en beneficio da sociedade.

Xuntos cara ao progreso

Unha universidade moderna que traballa pola excelencia científica