José Antonio Cortés Vázquez

José Antonio Cortés Vázquez (Sevilla) é licenciado en Ciencias Ambientais e doutor en Antropoloxía Social pola Universidad Pablo de Olavide (Sevilla). As súas investigacións se centran na análise da relación que os seres humanos manteñen co medio, desde o punto de vista da cultura e a ecoloxía política, a través do estudo de comunidades rurais e costeiras en espazos naturais protexidos.


Traballou como investigador postdoutoral Marie Curie nas universidades de Manchester e Sheffield e como profesor na University College London e National University of Ireland-Galway. Coordinou congresos e proxectos internacionais e publicou máis dunha ducia de capítulos e artigos en revistas de prestixio internacional, ao igual que unha monografía pola que recibiu en 2011 o premio nacional Marqués de Lozoya, o recoñecemento de maior prestixio en antropoloxía social en España. 

Proxecto

Cortés Vázquez estuda os beneficios e impactos sociais das políticas de conservación ambiental na Europa post-crise: O caso galego, e desenvolverá o seu proxecto na Facultade de Socioloxía.


A expansión de políticas de conservación ambiental en décadas recentes veu aparellada de importantes cambios sociais no mundo rural e costeiro. Desde os anos 80, a complexidade de plantexar un uso más sustentable dos recursos naturais fixo que en numerosos casos a introdución de políticas de conservación ambiental derivase en conflitos con poboacións locais. Por outro lado, tamén abriu a porta a novas formas de desenvolvemento económico por medio de actividades como o ecoturismo. Non obstante, a crise económica e a introdución de políticas de austeridade ao longo desta última década reduciu enormemente os recursos e a capacidade de acción da administración ambiental. Por outro lado, tamén potenciou a participación de novos sectores da sociedade civil e do sector privado nas políticas de conservación. Con isto xerouse un novo escenario dentro dos espazos naturais protexidos sobre o que urxe reflexionar.


Á luz destes cambios recentes, este proxecto busca identificar e analizar cales están sendo tanto os beneficios como os problemas sociais xerados polas novas estratexias de conservación ambiental que se veñen plantexando no presente contexto de post-crise. A través do estudo detallado entre comunidades rurais e costeiras en distintos espazos naturais protexidos de Galicia, o obxectivo deste traballo é identificar cómo as comunidades que habitan estes espazos protexidos están facendo fronte á crise económica e a vinculación entre a súa situación presente e as medidas de conservación plantexadas nestes espazos. Con este proxecto perséguese incorporar unha visión máis social ás políticas de conservación e contribuír desde as ciencias sociais á reflexión xeral sobre un uso máis responsable dos recursos naturais.