Novas oportunidades para a investigación

Setembro xa chegou e o comezo do novo curso vén con moitas novidades para o mundo da investigación.

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades abriu a convocatoria para Proxectos de I+D+i «Retos investigación» correspondentes ao Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade.

Como vén recollido nas bases, esta actuación ten como finalidade a contribución á solución dos problemas sociais, económicos e tecnolóxicos orientados cara á procura de solucións aos retos da sociedade, mediante a publicación dos seus resultados en foros de alto impacto científico e tecnolóxico, transferencia de tecnoloxía e a internacionalización das actividades.

Cal é o obxectivo?

O obxectivo principal deste programa é financiar a execución de proxectos de I+D+i liderados por equipos de organismos públicos de investigación dirixidos á resolución de problemas vinculados aos grandes retos da sociedade española incluídos no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Estes retos abarcan grandes ámbitos fundamentais que determinan espazos únicos para a colaboración multidisciplinaria e intersectorial.

Que tipo de proxectos hai?

As axudas obxecto desta convocatoria financiarán proxectos de investigación individuais ou coordinados, que poderán ser de dous tipos, dependendo do tipo de investigador principal que lidere o equipo de investigación:

· Proxectos I+D+i tipo A: dirixidos por investigadores novos, pero con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras, que non dirixisen anteriormente proxectos de investigación de convocatorias nacionais. Dentro deste tipo de proxectos, inclúense os Proxectos de I+D+i tipo JIN, para mozos investigadores sen vinculación ou con vinculación temporal.

· Proxectos I+D+i tipo B: dirixidos investigadores cunha traxectoria investigadora consolidada. No ámbito do reto 2 ( Bioeconomía: sustentabilidade dos sistemas de produción primaria e forestais, seguridade e calidade alimentaria, investigación mariña e marítima e bioproductos) inclúense os proxectos de I+D+i tipo RTA, para as institucións e obxectivos que, ata a entrada en vigor do Plan Estatal, viñeron sendo xestionados no sistema INIA-CCAA incluíndo aqueles proxectos cuxos obxectivos estean dirixidos ao diagnóstico e control de pragas e enfermidades, tanto en especies vexetais como en especies animais, que fosen detectadas en territorio español por primeira vez no últimos tres anos.

Financiamento e período de execución de proxectos

As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de persoal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos relacionados cos obxectivos do proxecto. O período de execución dos proxectos de investigación será de tres ou catro anos e, excepcionalmente, de dous. Os Proxectos tipo JIN terán unha duración de tres anos.

Ata cando poderei presentar a miña candidatura?

Os prazos de presentación de solicitudes son curtos, polo que animamos a todos os investigadores interesados a que preparen as súas candidaturas canto antes. Estes son os prazos de solicitude:

· Áreas temáticas de Ciencias sociais e humanidades: 02/10/2018

· Áreas temáticas de Ciencias da vida: 03/10/2018

· Áreas temáticas de Ciencias matemáticas, físicas, químicas e enxeñerías: 04/10/2018

Se tes dúbidas sobre os Proxectos de I+D+i «Retos investigación» podes contactar connosco a través do email otri.cienciaexcelente@udc.es, no teléfono +34 981 167 173 ou solicitarnos unha reunión vía Skype.

Próximas convocatorias

En outubro anunciarase a próxima convocatoria das ERC Consolidator Grants (CoG). Unha gran oportunidade para consolidar o teu propio proxecto ou grupo de investigación. Desde InTalent preparamos un post coas 8 preguntas que che debes facer se queres aplica ás ERC Consolidator Grants.

E se aínda tes dúbidas sobre as ERC Consolidator Grants podes contactar connosco a través do email otri.cienciaexcelente@udc.es, no teléfono +34 981 167 173 ou solicitarnos unha reunión vía Skype. Estaremos encantados de atenderche!

Ligazóns de interese:

Convocatoria Proxectos de I+D+i «Retos investigación» 2018

Os 12 puntos esenciais para preparar a túa proposta ERC

As 8 preguntas que che debes facer se queres aplicar ás ERC Consolidator Grants

Héctor Gómez, gañador dunha ERC Starting Grant: “A UDC permite realizar proxectos de investigación arriscados con grandes retornos potenciais”

ERC Consolidator Grants